5 DOS XOGADORES QUE XOGARON NO CELTA E NO DEPORTIVO

Non é sinxelo atopar xogadores que levaran a camiseta do Deportivo e do Celta. Tanto é así que dende 1923 (ano de fundación do Celta e, polo tanto, momento a partir do cal coexisten os dous grandes de Galicia no noso fútbol) tan só 23 xogadores lograron vestir ambas camisetas. Dentro deles contamos a última fichaxe do Deportivo, Claudio Beauvue.

Hoxe imos repasar 5 destes xogadores que defenderon as cores dos dous equipos máis grandes de Galicia.

Goran Djorovic

Este central serbio chegou ao Celta acompañado do seu irmán Zoran en 1997. Naquel entón tiña 26 anos e, despois dun primeiro ano espectacular, chamou a atención do Arsenal. Sen embargo, Goran decidiu non abandonar o Celta para seguir acompañado do seu irmán. Era un defensor realmente bo que podía ocupar case calquera posición defensiva. Xogou un total de 126 encontros, nos que chegou a anotar 10 goles.

Era indiscutible para o Celta, pero marchou no ano 2001 para fichar polo eterno rival, o Deportivo, presidido naquel entón por Lendoiro e adestrado por Javier Irureta, o mesmo adestrador que o trouxo do Estrella Roja ao Celta. A súa traxectoria no Deportivo estivo lastrada polas lesións. Co Deportivo gañou unha supercopa e unha copa de España.

Foto: Marca

Manuel Fernández “Pahiño”

Este vigués foi un dos grandes goleadores do final da década dos 40 e do principio dos 50. No Celta debutou no ano 1943. Durante 5 temporadas no club celeste deixou un total de 56 goles en 82 partidos. Isto chamou a atención a nivel nacional e, máis concretamente, do xigante branco, o Real Madrid. No Madrid volveu a facer gala do seu nivel goleador, pero ao marchar da capital, en vez de volver a Vigo, decidiu fichar polo Deportivo. Isto sentou fatal na súa cidade natal. No Deportivo anotou 46 goles en 72 partidos, de entre eles, o póker que lle meteu ao seu antigo equipo no derbi de 1954 en Riazor. Sen dúbida un dos mellores dianteiros da historia da liga.

Foto: Marca

Krohn Dehli

No verano do 2012 o Celta apostou polo danés Krohn Dehli, despois de pagar 3 millóns por el ao Brondby. No seu primeiro ano como celeste foi indiscutible, titular en 34 partidos, anotando 2 goles e seis asistencias. Ese ano o Celta conseguiu a salvación de forma agónica gañándolle na última xornada ao Espanyol. Na segunda temporada e coa chegada de Luis Enrique ao banco celeste, o danés cambiou de posición e converteuse no xogador que marcou o ritmo do xogo do Celta no medio campo. Formou parte do Eurocelta de Berizzo, adestrador que acabou de sacar todo o rendemento posible do danés. Despois de acabar o contrato co Celta, fichou polo Sevilla. Alí tivo problemas coas lesións que o acabaron por apartar da titularidade. Ao final acabou fichando polo Deportivo en xaneiro de 2018, algo que non sentou ben en Vigo.

Foto: As

Vicente Celeiro

O Vilalbés, canteirán do Vilalbés e chegado á Coruña en 1981, foi un dianteiro histórico para o Deportivo, tan histórico que poida que teña parte de culpa en que o club siga existindo hoxe en día. Isto débese ao famoso gol que anotou contra o Racing de Santander no minuto 82 (maio de 1988) que salvou ao Depor de descender á segunda B, feito coñecido como “A milagre de San Vicente”. De non pasar isto probablemente houbese suposto a desaparición do club polas extensas débedas que tiña o club coruñés. Na temporada 1989/90, foi fichado polo club vigués, que lle deu a oportunidade de debutar na primeira división. No Celta mantívose dúas temporadas, na primeira descenderon e na segunda anotou 3 goles, aínda que non serviron para ascender de novo a máxima categoría. Acabou xogando no Racing Vilalbés, club da súa vila natal, onde se retirou.

Fonte: Desconocido

Luis Otero

Nada máis e nada menos que o primeiro capitán da historia do Celta de Vigo en 1923. Era xogador do Vigo Sporting, e viviu a fusión entre este equipo e o Fortuna FC que deron lugar ao Real Club Celta de Vigo.

Era chamado a ser un dos xogadores máis importantes do club vigués, pero antes de empezar o campionato de Galicia de 1923, abandonou o Celta desconforme coa disciplina do novo club,  para fichar polo Deportivo. Isto non sentou ben en Vigo que denunciaron a federación para que non puidese xogar co seu novo club. Toda esta situación foi unha das detonantes da histórica rivalidade que tantos momentos nos deixou en “o noso derbi”.

Fonte: Desconocida

Estes, tan so son 5 dos xogadores que militaron nas dúas entidades, comparte o post para descubrir os demais xogadores e comenta cal é para ti o máis mítico de todos ou o que che quedou gravado na memoria!

Publicado por A Bancada

Todo o fútbol galego e en galego nunha conta. 💙💙 - Celta, Depor, Lugo, 2°B e 3a - Actualidade - Curiosidades - Resultados #ABancada

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar