O 18 de outubro é finalmente a data de inicio para o arranque da actual división de bronce do fútbol español. Unha segunda B ampliada e atípica que estrea formato e que se presenta como unha das campañas máis difíciles da historia da competición, non so pola incerteza creada polo “maldito bicho” senón que tamén pola complexidade da mesma, nela temos 6 representantes: Celta B, Coruxo, Compostela, Deportivo, Pontevedra e Racing de Ferrol, todos eles encadrados no subgrupo I do grupo 1 xunto co Guijuelo, Zamora e os dous equipos de Salamanca. Os 3 primeiros clasificados deste subgrupo pasarán a loitar polo ascenso a segunda división xunto cos 12 equipos clasificados restantes.

Nese meollo espera estar o protagonista da entrada de hoxe, o Pontevedra CF, os granates contan xa con 15 tempadas no fútbol profesional (6 en primeira e 9 en segunda división) e este ano están montando un proxecto ilusionante para buscar a décimo sexta participación no máis alto. Levan 6 anos en segunda b, entre eles con unha fase de ascenso na que non conseguiron o retorno á segunda división, neste último ano acadaron un noveno posto na inacabada tempada 2019/20, na cal a presidenta considerou totalmente inxusta a decisión da federación de suspender a competición argumentando que se atopaban a 7 puntos dos postos de playoff quedando 30 por xogar e estando o equipo en liña ascendente.
Esta tempada 2020/21 o equipo presenta un plantel moi competitivo, comandados por Jesús Ramón, adestrador que so puido sentarse no banquillo granate 3 partidos na última tempada antes da suspensión, nos cales acadou 7 puntos, 8 goles a favor e 3 en contra. O plantel está completo por todos os flancos, pero ilusionan especialmente as chegadas dende a primeira división de Xisco Campos, central experimentado e capitán de 38 anos procedente do descendido Mallorca e o retorno de Charles Dias, unha das incorporacións máis mediáticas do mercado de verán na Segunda B.

Este último sumou co Eibar 32 goles nas súas 3 últimas tempadas na primeira división, significa polo tanto un reforzo espectacular para un equipo de segunda b, el declarou que volvía a Pontevedra pese a ter ofertas de segunda porque esa era a súa casa. O brasileño, que xogou dende 2004 ata 2010 en Pasarón formará un dúo de luxo con Rufo, dianteiro centro que o ano pasado chegou en inverno procedente do Unionistas e que sumou 18 goles en 22 partidos na segunda b. Haberá que estar moi atentos ao Pontevedra, un dos nosos candidatos galegos ao ascenso á segunda división.

Pontevedra 2020/21:
Contrato en vigor: Santi Naveira, Pol Bueso, Eneko Zabaleta, Adrián Cruz, Rufo, Churre
Renovaciones: Jesús Ramos, Áñex González, Romay, Santi Figueroa
Bajas: Jaouad Erraji, Brian Jaén, Álex Fernandez, Nacho López, Berrocal, Pedro Vázquez, Campillo, Rivera.
Altas: Oier Calvillo, Álvaro Cortes, Imanol García, Óscar Fernández, Aitor Nuñez, Charles, Borja Martínez, Xisco Campos.