Dende logo, no ano 2020 non fai falla explicar o importante que é para os clubs de fútbol estar nos medios sociales e conectar cos seus afeccionados, por iso na Bancada quixemos facer unha clasificación máis alá do deportivo, trátase da clasificación de twitter.
Os equipos galegos máis seguidos nesta red social son: RC Celta (455.762), o Depotivo da Coruña (376.277) e o CD Lugo (97.559). Faise notar aquí o fútbol profesional, Celta e Depor son os grandes do noso fútbol, os que máis tempadas acumulan no fútbol profesional e o CD Lugo gañouse o posto como o terceiro equipo galego máis exitoso deste siglo logrando aparecer varias tempadas consecutivas na segunda división.

Moito máis abaixo en canto a masa social nesta red social, atópanse o resto de equipos galegos, encabeza o pelotón o equipo da capital, a SD Compostela con máis de 15.000 seguidores. O equipo máis seguido da terceira división é o UD Ourense con 4.707.
