O Club Deportivo Lugo consegue os seus tres primeiros puntos da tempada, faino remontando un partido que no descanso parecía moi complicado que puidese levantar pero os acertos do adestrador Juanfran García, o VAR, e as grandes actuacións do Puma Rodríguez e Gerard Valentín, déronlle a vitoria ao club albivermello.
O partido comezou mal para o Lugo, o Leganés rapidamente impuxo na primeira parte o seu papel de equipo favorito e non tardou máis do ecuador da primeira metade para anotar o primeiro gol, fíxoo cun gol que tiña certo sabor deportivista, pois xustamente os dous exdeportivistas que recalaron este ano nas filas do conxunto pepinero crearon a xogada de gol. Sabin Merino definiu tranquilamente despois do gran balón que lle mandou o seu compañeiro Gaku Shibasaki.
Sen embargo, no descanso, Juanfran García reivindicou a figura do adestrador e cambiou o sistema de xogo do Lugo, fixo 2 cambios ademais da entrada de Gerard Valentín minutos antes do final da primeira metade pola lesión de Iriome e déronse así dúas chaves para o desenlace do partido, a entrada de Gerard Valentín que fixo un partido inmenso, e o cambio no xogo lucense que liberou no ataque ao Puma Rodríguez, permitíndolle así explotar as súas mellores características como xogador, e vaia se o fixo, despois de algúns avisos, empatou o partido tras un xogadón de Gerard Valentín.

Nos momentos finais, de novo Gerard Valentín creou perigo no área do Leganés, e provocou un penalti algo discutido que señalou o VAR. A pena máxima converteuna Manu Barreiro, e completou con ela a primeira vitoria dos albivermellos nesta tempada 2020/21.