Hoxe na Bancada temos o pracer de traervos unha entrevista co adestrador do equipo de moda na terceira galega. Hoxe conversamos con Fran Justo, adestrador do Arenteiro C.F, que comezou a adestrar cos seus homes a semana pasada. Xa fixemos un artigo analizando o que vai ser o equipo nesta tempada 2020/21.
- Este pasado luns 14 comezástedes os adestramentos, que tal ves o grupo despois de estos días?
Pois a verdade, moi ben, sorprendeume moi positivamente.
- Faise difícil os adestramentos neste novo fútbol post covid?
Penso que todo é un pouco máis difícil e temos que adaptarnos pondo todos da nosa parte para poder continuar dentro do compricado dá situación.
- O Arenteiro fixo unha gran inversión neste mercado de verán, todos vos colocan como os favoritos ao ascenso? Sería un fracaso non conseguilo?
Penso que é moi fácil pórlle o cartel de favorito a outros equipos. Nós pensamos en traballar, ir crecendo como equipo pouco a pouco, e xa será a competición quen vaia pondo a cada un no seu sitio.
- Sen embargo, este ano ascender, vai ser se cabe un pouco máis difícil pola complexidade da competición, como pode afectar esta nova reorganización da competición ao rendemento do equipo?
As regras da competición serán iguales para os 24 equipos, e os 3 consigan o ascenso, conseguirano con este plan de competición. Non será escusa, e hai que prepararse para competir o mellor posible.
- Non sei se fa puideches notar por redes a ilusión da afección ante esta tempada? Tes algunha mensaxe para eles?
Por suposto que si, que temos moitas ganas de velos, e de sentilos empuxando con nós. Ogallá poidamos vivir grandes momentos xuntos.
- O ano pasado estiveches moi preto de ascender co Ourense CF, como viviches a experiencia dese playoff atípico en Balaidos e sen público.
Espectacular, foron dúas semanas moi bonitas, nas que creo que se viu a un gran equipo e tan só quedamos a un pasiño dese ascenso. Quedei moi orgulloso do Ourense CF 19/20, pero iso xa é pasado.
Isto aínda me fai ter máis ganas de poder conseguir o ascenso a 2ªB no futuro.
- Que fútbol vai a propoñer o Arenteiro de Fran Justo?
Iremos vendo cal é o modelo e sistema que mellor se adapta os grandes xogadores que temos.
