Cando falamos de Iker Hurtado (Lalín, 1993), o primeiro no que pensamos é gol. Non é para menos, o dianteiro do CSD Arzúa leva dúas tempadas dando moito que falar entre o noso fútbol, foi pichichi na tempada 2018/19 na división preferente anotando a friolera de 36 goles en 38 partidos, goles que lle serviron ao seu equipo para conseguir o ascenso a unha terceira división onde a tempada pasada volveu a repetir o recoñecemento de ser o máximo artilleiro da categoría, con 23 goles en 29 partidos.

Hoxe temos a Iker sentado na Bancada:
- O primeiro é unha pregunta obrigada, fai 6 meses estabas no mellor momento da túa carreira, de repente chega o virus e párase todo… Agora volves a adestrar e tocar balón, cales son as túas sensacións?
Si, é certo que estaba nun momento moi bo tanto de cara a gol como fisicamente, pouco a pouco van sendo mellores, pero son 6 meses parado e notase moito, a primeira semana ata parece que tropezas co balón, e fisicamente notase moito, pero bueno, aínda queda un mes para empezar a competir e seguro que chegamos a un bo nivel.
- Que ten Arzúa para que sacases este gran rendemento, cos datos en fronte, nestes dous anos anotaches 59 goles en 67 partidos, nos anteriores foron 38 os goles que sumaches en 141 partidos. Os números son impresionantes.
Si, é certo que os números dos 2 últimos anos son moi bos. En Arzúa desde o primeiro día sentinme como en casa, déronme esa confianza, continuidade e importancia dentro do equipo que necesitaba para poder ser eu mesmo, que quizais noutros lados non logrei ter.
- Finalmente decidiches renovar polo CSD Arzúa, habendo gañado o pichichi dúas tempadas seguidas con estes números espectaculares, chegáronche ofertas de categorías máis altas?
Si, é certo que tiven algunha oferta de 2b de fora de Galicia , e de equipos punteiros de terceira de outros grupos de fora de Galicia tamén, pero ca situación tan complicada que estamos a pasar, acabei decidido que o mellor era renovar outra tempada aquí.
- Que é o que fixo que decidises quedarte no CSD Arzúa?
Pois a decisión debeuse o que comentaba antes, o final en situacións tan complicadas como as que nos está tocando vivir, daste conta que como na casa e cerca dos teus non estas en ningún sitio.
- Este ano, o teu rendemento sitúate como o líder do plantel, síntese a presión ou lévalo ben?
Bueno a palabra líder non me gusta moito jajaja, Intentarei seguilo facendo igual de ben que estes últimos anos e axudar os meus compañeiros en todo o que poida, o final non hai mais líder que remar todos na mesma dirección e ser unha piña.
- Cal crees que é o obxectivo do equipo este ano? O ano pasado fixéstedelo moi ben sendo o equipo revelación boa parte da tempada, cres que este ano podedes dar o salto aos play-off?
Creo que fixemos unha boa plantilla, está claro que o obxectivo é tentar facer unha tempada incluso mellor que a do ano pasado, Pero vendo como se están a reforzar todos os equipos, o primeiro e pensar en salvar a categoría, e despois esta claro que nos gustaría entrar neses postos de privilexio e poder regarlle un playoff a afección e todo o pobo de Arzúa.
- Para acabar, se tes que elixir un gol destas dúas tempadas no Arzúa, con cal te quedas?
Pois non sabería cal dicirche a verdade, agora mesmo vénseme á mente o 1-0 contra o fabril na casa o ano pasado, despois de unha boa acción combinada, un caño, e unha boa definición
