
Ola a todos os afeccionados da Bancada que entrástedes nesta entrada do blog. Hoxe pido desculpas e o permiso para permitirme facer unha entrada máis íntima e persoal que informativa. Non é para menos, hoxe tocoume cubrir por primeira vez unha rolda de prensa, foi a presentación do central zurdo recién fichado pola SD Compostela, Guille Torres.
Pode que isto para moitos non lle pareza un logro que mereza unha entrada do blog, pero pódovos asegurar que para min, si o é. Levo pouco máis de 10 meses con este proxecto, dende entón, A Bancada creceu ata estar preto dos 1.000 seguidores en twitter e tivemos a necesidade de expandirnos por outros medios dixitais. Este crecemento, provocado polo voso apoio, hoxe permitiume cumprir un soño de varios anos atrás, que é facer o que fai un periodista deportivo. Agradézovos inmensamente que me levasedes a dar este pasiño máis na miña carreira profesional, tamén agradezo ao Compostela por ser o equipo que me deu a mencionada oportunidade.
En canto a presentación do club, tiven a oportunidade de falar persoalmente con Guille Torres e facerlle unhas preguntas, o xogador mostrouse optimista e ilusionado co proxecto que lle presentou Manu Rodríguez, lenda e actual director deportivo da entidade branquiazul. Definiuse como un central zurdo polivalente e competitivo que espera poder desfrutar de moitos minutos esta tempada para demostrar a súa valía na Segunda B.