Hoxe é sábado, toca coñecer algún equipo da nosa xeografía galega e, para iso, viaxamos ao fin do mundo: Fisterra. A Sociedade Deportiva Fisterra foi fundada no ano 1960 e xoga os seus partidos no campo Municipal de Fútbol Ara Solis.

Como dixen antes, o club foi fundado fai 60 anos e foi un dos 8 clubs que inaugurou a Liga da Costa na tempada 1963/64. O Fisterra abandonou a competición catro anos despois por primeira vez, feito que repetirían nos anos 1969 e no 1974. Unha vez voltaron á liga, alzáronse como campións na 1975/76 e volverían a gañar a liga dúas veces máis, sendo a última na tempada 2000/01. Non obstante, a época dourada do Fisterra comeza nos anos 70. O club comezou a xuntar xogadores do pobo que estaban desperdigados por toda Galicia en categorías superiores e, tras un breve paso pola preferente, conseguiron ascender á terceira galega. Naquel tempo a terceira galega sería a segunda b de hoxe, categoría á que so conseguiron chegar o Bertantiños e o Malpica da costa da morte, e na que competían equipos como o Pontevedra, o CD Ourense ou o Fabril.

O club, tras un largo paso polas categorías rexionais galegas, conseguiu voltar á terceira galega este ano. Conseguiu o ascenso ao ser o segundo clasificado do grupo 1 da preferente autonómica, unha vez suspendida a liga polo covid-19. Será esta a terceira tempada que o Ara Solís vexa á Sociedade Deportiva Fisterra competir nesta categoría.