Coñecemos ao Viveiro CF

Hoxe, sábado de coñecer equipos, seguimos polo norte. Esta vez para visitar a outro equipo recén ascendido á terceira galega: O Viveiro CF. O club viveirense foi fundado no ano 1923 e xoga os seus partidos no Campo Municipal da Cantarrana. Antes de comezar, gustaríame dicir que esta nova entrada no blog coñecendo un pouco máis ao Viveiro foi grazas a vós. Este foi o club que pedistes no meu instagram oficial (@Abancada_), o cal vos recomendo seguir para poder recomendarme os equipos que desexedes.

https://cflvdg.avoz.es/default/2020/05/25/00121590432662807928127/Foto/X04E0055.jpg

Este club forma parte da historia do fútbol galego, así o mostra a súa traxectoria. Este ano terán a posibilidade de recuperar o décimo posto na clasificación histórica da Terceira Galega, que actualmente ocupa o Racing de Ferrol. Non obstante, o club levaba moito tempo afastado desta división que a historia lle merece. O Viveiro CF levaba competindo catorce anos na preferente, algo que o club celeste non se podía permitir. Este gran clásico galego da terceira división recuperou o seu posto este ano, tras facer na campaña 2018-19 unha gran tempada. Agora disputarán a súa tempada número 29 nela para poder seguir engordando o seu récord de 1.164 puntos.

Repasando a súa historia, podemos ver que o club tivo ata en 5 ocasións a posibilidade de ascender á segunda b. Estes intentos cadraron nas tempadas: 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1996–97 e 1998–99. Por desgraza, o club non foi quen de conseguir o ascenso naquelas dificilísimas liguillas de catro, onde tan só subía o campión. O Viveiro era un club dunha vila de 15.000 habitantes competindo contra grandes capitais de provincia.

https://cflvdg.avoz.es/default/2018/11/12/00121542045601964698566/Foto/XN13C6F1_185855.jpg
Xaime, un dos xogadores chaves do Viveiro CF

Agora o club afronta con ilusión esta nova tempada na terceira galega, unha categoría que este ano será moi diferente dende a última vez que a disputaron. Isto débese á reorganización da mesma nestes tempos COVID19. Ogallá poidamos ver de novo ao Viveiro moitos anos máis na terceira galega e, por que non, conseguindo o ascenso, aínda que esta vez sería á segunda RFEF.

Publicado por A Bancada

Todo o fútbol galego e en galego nunha conta. 💙💙 - Celta, Depor, Lugo, 2°B e 3a - Actualidade - Curiosidades - Resultados #ABancada

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar