Hoxe, tocaría coñecer ou falar dalgún equipo da nosa xeografía como en calquera outro sábado do que levamos de tempada. Pero non, hoxe imos seguir coa temática que levamos facendo toda a semana, e polo tanto, imos a coñecer a historia da nosa selección galega, porque si, témola… ou tivémola… aínda que non a vexamos xogar habitualmente. Por suposto, a nosa selección non é unha selección membro da FIFA ou da UEFA, polo que non pode xogar competicións oficiais.

O primeiro partido da irmandiña foi un 22 de novembro, no ano 1922. Ese día a selección galega disputou no campo vigués de Coia fronte a selección de Castela, posteriormente xogaron contra as seleccións andaluza e asturiana, ademais xogaron varios amigables, entre eles, o memorable 7-2 que lle meteron á selección inglesa. Tiveron que pasar case 8 anos para volver a ver xogar a selección galega, foi no campo de Chamartín contra a selección de Castela novamente, partido que gañaron os nosos 4-1. Despois iniciouse a guerra civil e a selección parou a súa actividade ata o 2005, case 80 anos despois.
Xa neste siglo pois, a selección galega xogou 4 partidos. O primeiro no 2005, no estadio de San Lázaro e contra Uruguay, partido que gañamos por 3-2. Despois houbo unha vitoria máis por 3-2, esta vez contra Irán no 2008 e chegaron dous empates a uns, un contra Camerún en 2007 e outro en 2016 contra Venezuela, partido no que xogaron xuntos Lucas Pérez e Iago Aspas, dous dos xogadores máis importantes da década no Deportivo e no Celta respectivamente.

Por outro lado, se non miramos a selección absoluta, podemos comprobar como Galicia foi campioa en dúas ocasións do campionato nacional de seleccións autonómicas da RFEF, torneo que da praza ao campión para disputar a Copa das Rexións da UEFA. Este torneo só o poden disputar xogadores de 18 a 35 anos que nunca firmaran un contrato profesional e dispútase en anos pares nas fases estatais e impares na fase europea. Galicia foi gañadora do torneo na fase nacional nas tempadas 2009/10 e na 2019/20, prevalecendo como os vixentes campións da fase nacional.
