Galicia de Mugardos

Hoxe é sábado! Toca polo tanto coñecer a un club galego da nosa xeografía. O elixido deste sábado é o Galicia de Mugardos. Este humilde equipo da comarca de Ferrol foi fundado no ano 1953, e xoga de verde os seus partidos no Campo de A Pedreira. O seu nome completo é Sociedade Deportiva e Cultural Galicia de Mugardos e é probable que veña dun antigo equipo que existiu na mesma localidade. Este chamábase Galicia da Pedreira e acabou fusionándose co seu máximo rival, o Victoria, para dar existencia ao Unión Mugardesa, que durou 3 anos. O curioso deste acontecemento, é que se fixo debido a alta rivalidade que había entre os dous clubs ata o punto de crear disputas e pelexas entre os veciños de Mugardos, motivo polo cal se decidiu fusionar os clubs e unir a veciñanza.

Imaxe na celebración dun gol do Galicia de Mugardos na tempada 2019/20

Este equipo durou só tres anos, ata o 1945. Quedaba polo tanto un baleiro no aspecto futbolístico da localidade, ata que no ano 1953 nace o Galicia de Mugardos coa “meta principal, participar no deporte e unir relacións entre as localidades do noso entorno”, dito polos propios directivos que fixeron posible a súa fundación. O primeiro partido no fútbol galego do Galicia de Mugardos foi contra o Espartero ferrolán, partido no que o club mugardés logrou vencer por tres goles a un e comezar con be pe a súa historia.

A partir de entón, o club ferrolán ten un longo paso polas divisións rexionais galegas ata o día de hoxe, gustaríanos conseguir recuperar ese historial da traxectoria do club e contárvolo detalladamente, lamentablemente non puidemos atopar a información. Sen embargo, si podemos contar cal foi o maior éxito do mesmo, trátase dun recente ascenso a terceira división galega na tempada 2014/2015 tras conseguir o segundo posto da preferente galega grupo 1. Ao ano seguinte, na tempada 2015/16, non foi quen de manter a categoría pese a loitar ata a última xornada. Finalmente, foi o gol average o que condenou ao Galicia de Mugardos ao descenso. Nos anos posteriores, o equipo descendeu outra categoría máis facendo un breve paso pola primeira autonómica, por sorte para o equipo ferrolán, logrou o ascenso de novo na 2018/2019 á división preferente. Hoxe o club loita por repetir o éxito da 2014/15.

Imaxe do Galicia de Mugardos competindo na terceira división (2015/16)

Publicado por A Bancada

Todo o fútbol galego e en galego nunha conta. 💙💙 - Celta, Depor, Lugo, 2°B e 3a - Actualidade - Curiosidades - Resultados #ABancada

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar