Que é a Copa Federación?

Estes días atrás, estivemos falando na Bancada da Copa Federación. Moitos xa coñecedes este campionato, pero estou seguro de que para a maioría dos afeccionados, esta é unha copa que pasa desapercibida ata o punto de non saber cal é o seu formato ou incluso, non saber que se xoga.

Momento no que o Rápido de Bouzas levantaba o título de campión da fase autonómica en Santa Isabel.

A Copa Federación (Copa RFEF) é un torneo que ten lugar dende setembro ata decembro e que disputan os equipos de segunda b e terceira. Dende que cambiaron o formato fai un ano outorga 4 prazas para disputar a nova Copa do Rei. Este torneo ten dúas fases, a autonómica na que os equipos se poden apuntar voluntariamente e a segunda fase, a fase nacional, conformada por 32 equipos que pelexaran por ser campións da Copa Federación e obter praza para a Copa do Rei. Os 32 equipos da Copa RFEF saen dos 18 campións da fase autonómica, tres por cada uno de los grupos, os 12 clubs de segunda b que obtiveron mellor clasificación ao término da Liga regular e que non obtiveron o dereito de participar na Copa do Rei e os 2 seguintes -excluídos eses 12- que obtiveron maior puntuación sen distinción de grupos. Chegados a este punto, temos na fase nacional catro cadros diferentes, feitos por proximidade xeográfica (menos para os galegos…), dos que sairán catro gañadores que se enfrontaran nas semifinais que dan acceso a Copa do Rei.

Onte o Rápido de Bouzas gañou a fase autonómica galega, polo tanto, xunto ao Racing de Ferrol, foron os representantes galegos hoxe no sorteo da fase nacional. Os nosos equipos galegos xa coñecen os que serán os seus rivais na primeira rolda eliminatoria do torneo, sendo tódalas rondas todas a partido único.

O Rápido de Bouzas, campión galego, recibirá ao UD Melilla, equipo de segunda división b que o ano pasado rematou a tempada no posto 13 da clasificación do grupo 1. Un rival difícil para o Rápido que tratará de aproveitar o factor campo para pasar de rolda.

Por outro lado, o Racing de Ferrol terá que viaxar ás Illas Canarias para medirse co Tenisca, un equipo de terceira división que rematou a pasada campaña no segundo lugar na liga regular, aínda que sen conseguir finalmente o ascenso á segunda b. A boa noticia para os racingistas é que o club non terá que pagar o desprazamento, algo do que se fai cargo a federación.

Moita sorte para os clubs galegos, os cales seguiremos moi de cerca no seu paso pola Copa Federación e esperamos que poidamos traer o sexto título para terras galegas (últimos campións galegos: CD Ourense 2, Pontevedra CF 2 e Celta de Vigo “B” 1).

Pontevedra CF, último campión galego da Copa Federación (2018)

Publicado por A Bancada

Todo o fútbol galego e en galego nunha conta. 💙💙 - Celta, Depor, Lugo, 2°B e 3a - Actualidade - Curiosidades - Resultados #ABancada

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar