Coñecemos ao Mondariz FC

Non súelo falar da división preferente galega nada máis que en ocasións concretas; a terceira división, a segunda b, a segunda división e a primeira para unha soa persoa… pois non están nada mal, alo menos para estar empezando, penso. Non obstante, si que me gusta botar unha ollada de vez en cando as divisións máis baixas para atopar historias que contar ou coñecer os equipos da noso fermoso fútbol galego. Hoxe fixen iso mesmo, e polo tanto, hoxe vou falar do centenario Mondariz FC.

Este club, fundado o 20 de Maio de 1920 sendo o seu primeiro presidente Casimiro Pardo, irán do que foi alcalde da vila, Emilio Pardo Feijoó. Decía un vello corresponsal de prensa da prensa mondarizán, Manuel Lamartín, nas súas informacións deportivas que alá polo ano 1910 e con motivo das festas do Carmen, en Mondariz, xuntáronse un grupo de xovenes de Mondariz para xogar no campo de fútbol da finca de Pías contra o Ponteareas. O Ponteareas, que xa era un club moi potente arrasou co aínda non fundado Mondariz gañándolle con un resultado de 10-1.

Esta derrota, lonxe de desmotivar aos rapaces, foi a semilliña que precisaban para comezar a superarse e forxar así un club en Mondariz. Ao principio non tiñan terreo de xogo, a solución? Sinxelo, comezaron a utilizar unha explanada situada na Lagoa que entón era coñecida como “Camiño do Mercado” e alá polo ano 1915, para cando o fútbol xa adquirira gran recoñecemento, os entusiastas do equipo acordaron ensanchalo e, a falta de medios económicos, foron os afeccionados os que axudaron a conseguir un terreo de xogo de 60×40. A partir de entón, o club continuou competindo contra os equipos de Vigo e comarca, ou en diferentes torneos como, por exemplo, a primeira división do campionato comarcal do Peinador.

Campo da Lagoa nun homenaxe ao centenario do Mondariz F.C.

Despois dun parón pola guerra civil, retornou o Mondariz a competir en torneos comarcais ata o ano 1952, que se inscribe na Federación Rexional de Fútbol, tras varios intentos intentando gañar o título da primeira división do campionato comarcal do Peinador, consegue gañar o campionato na tempada 1954/55 contra o “Suevia” de Tameiga.

No ano 1968, inscribiuse nos torneos rexionais, nos que se mantén ata o día de hoxe, xogando actualmente na preferente galega. Sería bonito ver a un club centenario conseguir o ascenso á terceira división. Ao fin e ao cabo, esta é a historia dun club nacido no pobo e para o pobo, cando un club se chega a enraizar tanto na vila da súa fundación, empapándose da cultura da súa xente e sendo parte das súas vidas, sabe que nunca camiñará so.

Publicado por A Bancada

Todo o fútbol galego e en galego nunha conta. 💙💙 - Celta, Depor, Lugo, 2°B e 3a - Actualidade - Curiosidades - Resultados #ABancada

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar