Hoxe pola mañan enfrontáronse os dous equipos máis fortes, a priori, do grupo 1 na Segunda B. O Deportivo da Coruña gañou por dous goles a un ao Pontevedra CF na súa casa, en Pasarón. Foi un amigable que tivo de todo, goles, un penalti, un cartón vermello e polémica.
O partido comezou con moito ritmo, un Pontevedra con moi boas sensacións foi a atacar ao Deportivo dende o principio, puido merecer ir gañando ao descanso pero non foi así, de feito, o equipo coruñés apenas incomodou ao equipo granate na primeira metade.
Na segunda parte, o Deportivo cambiou a cara co cambio de sistema e cos xogadores aos que deu entrada Fernándo Vázquez, entre eles, o home que ía a revolucionar o partido para os herculinos, Claudio Beauvue. O Pontevedra xa non dominaba no partido como fixo na primeira metade e ademáis o partido empezou a gañar intensidade. Tanto foi así que chegou a primeira acción clave do encontro, a expulsión de Charles por dobre cartón amarelo. Pese a iso, o Pontevedra adiantouse cun gol de Adrián Cruz; 5 minutos despois chegou un penalti a favor do Deportivo que Beauvue converteu para poñer o empate no marcador, máis tarde, unha falta lanzada por Keko serviu de asistencia para que Beauvue marcase o seu doblete e dese a victoria ao Pontevedra.

Nótase que ambos equipos están xa bastante rodados e preparados para comezar a liga, que comeza en 10 días. Contarémolo aquí, na Bancada.